eu quixérame perder no mundo das pedras que falan entre elas, e ficar o seu carón. eu quixera viaxar coas águias das montañas e voar eternamente, pois eu xa non sinto nada. eu quixera retornar ó tempo en que era neno, e perderme nos bosques para non me contaminar. mais quixérame sumerxir coas sireas nos mares e aprender as melodias da liberdade. eu quixérame fundir na fragua do ferreiro, e tornarme nun coitelo, e xustiza facer. mais ainda que asi fose a escuridade caeu, e todo cubriu, eu xa non sinto nada. mais a lúa guiarame nos camiños escuros, levarame de volta o útero materno. e ali lembrarei a pureza esquecida, afogada e asolagada por homes e mulleres.