Nunha noite de Beltain, ó carón do fogar, as luces voan ó redor, que o lume creou. Eu só sei que foi cando era neno, e que o podes sentir mais non o podes falar. E baixo os meus pés sinto o mar que ven, e abro os meus ollos para me derreter e mesturar coa area e fluir co son do ar. Os lumes arden sen parar co seu crepitar, e Nubeira canta sen cesar para os afogar, e asi a danza é inagurada, e lume e auga bailan e cantan ó sol. E baixo os meus pés sinto o mar que ven, Mouras e Trasnos levanme da man, e pecho os meus ollos para ver o que entón aconteceu.