Un impulso primario Un tifón libertario Unha fábula real Un tesouro sumario Aprendiz de corsario Insolente e leal O antídoto que calma Esas dores da alma Un fartarte de rir A ortodoxia sen regras Que nas horas negras Prende candeas pra ti É muller e nena É fala de mel Unha nobre impostora Eterna desertora A ilusión do cotián O caos do sistema Cada día un lema Cada verba un irmán A psicose intensiva Fondura máis viva Un sentir a pracer As mulleres que cantan E as que se levantan Danlle a vida un porqué É muller e nena É ferro e papel É grande e pequena É fala de mel Ten a lúa cordura Maxia da locura Deste mundo marrón En sublime mestura Descaro e tenrura Tinxen todo de cor O vermello na estrela O lila das xubela Do seu mar un azul Dese mar do que veu E que nunca esqueceu E a chama desde o sur É muller e nena É ferve papel É grande e pequena É fala de mel