Madrugada, o porto adormeceu, amor, a lúa abanea sobre as ondas piso espellos antes de que saia o sol na noite gardei a túa memoria. 黎明,沉睡的海港,爱, 月儿在海浪上飘摇 镜子一般映照日落 在夜晚守护你的回忆。 Perderei outra vez a vida cando rompa a luz nos cons, perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar, perderei o día que aprendín a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar. 在光芒支离破碎之时, 新的生命遗落, 我遗失了学会亲吻的那一天 你的双眼在海面上轻声诉说, 我遗失了学会亲吻的那一天 你的双眼在海面上轻声诉说。 Veu o loito antes de vir o rumor, levouno a marea baixo a sombra. Barcos negros sulcan a mañá sen voz, as redes baleiras, sen gaivotas. 声未来而悲先至, 潮汐将其带往暗影。 黑色船只沉默航向明天, 渔网空空,海鸟无踪。 E dirán, contarán mentiras para ofrecerllas ao Patrón: quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar, quererán pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar. 诉说着,讲述着谎言 来为自己建立功勋: 也许只是为了一点点钱财, 就将贪婪的目光投向了大海, 也许只是为了一点点钱财, 就将贪婪的目光投向了大海。 Madrugada, o porto despertou, amor, o reloxo do bar quedou varado na costeira muda da desolación. Non imos esquecer, nin perdoalo. 黎明,醒来的海港,爱, 酒吧的时钟停息 海岸变得荒凉不堪。 我们不会遗忘,也不会原谅。 Volverei, volverei á vida cando rompa a luz nos cons porque nós arrancamos todo o orgullo do mar, non nos afundiremos nunca máis que na túa memoria xa non hai volta atrás: non nos humillaredes NUNCA MÁIS. 在光芒支离破碎之时, 回归生命 因我们已袭掠了大海全部的荣光, 我们不要再自取灭亡 她的记忆永不复回: 我们不要再自取羞辱。